O Concello de Boqueixón informa de que dende mañá mércores 1 de marzo o comercio de proximidade e obradoiros artesáns poderán solicitar as novas axudas da Xunta de Galicia para incentivar a dixitalización dos seus establecementos e servizos. Unha partida que contará cun orzamento de 3 millóns de euros para financiar, entre outras accións, márketing dixital, servizos de loxística, posicionamento a través de páxinas web, ou a xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos, para o cal as axudas poden ser de ata 5.600 euros.
O obxecto desta liña de apoios é fomentar que o sector do comercio e da artesanía poidan aproveitar todas as vantaxes da tecnoloxía e a venda en liña para poder estar dispoñibles os 365 días do ano en calquera lugar do mundo.