“Etnomedicina e sabedoría popular”. Este é o nome da charla e paseo guiado pola herbaxeira María Moure (“María das Herbas”) para coñecer o uso tradicional das plantas. Unha iniciativa que terá lugar o próximo martes 7 de marzo, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado. Inscricións gratuítas no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón: 981 513 115.
Esta xornada suporá unha viaxe á cultura da menciña natural, facendo un vieiro pola contorna de Boqueixón explorando e aprendendo da flora medicinal e dos seus usos. A charla está incluída en “A Ollada de Gustav”, un proxecto multidisciplinar de artes e tradición no que participa o Concello de Boqueixón.