O ximnasio municipal do Forte acollerá os venres do mes de marzo as “Tardes pola Igualdade”, iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón e o Centro de Información á Muller dentro das actividades relacionadas coa sensibilización en Igualdade da poboación infantil e tendo en conta que no mes de marzo se celebra o 8M. Unhas actividades que se realizan con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero e o Ministerio da Igualdade.
“Tardes pola igualdade” está dirixido a un público de infantil e primaria, con idades comprendidas entre os tres e os doce anos. A participación é gratuíta, previa inscrición na web municipal, ata completar aforo. As sesións terán lugar todos os venres de marzo, de 15:30 a 16:15 horas no ximnasio municipal do Forte.
“Tardes pola Igualdade” fomenta a educación en igualdade, tolerancia e respecto, dun xeito lúdico, a vez que forma parte dunha campaña de sensibilización en igualdade que desde o concello se ben apoiando, co fin de promover unha sociedade progresista e igualitaria.
Para participar nesta actividade, é preciso cubrir este formulario de inscrición. As dúbidas poderanse consultar chamando ao 981 513 106 ou 981 513 061, dpto do Centro de Información á Muller.
A programación é a seguinte:
- Venres 3: A miña historia. Andrea é unha periodista do século XIX que sabe todo sobre Rosalía Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se lembre dela?
- Venres 10: Dúas nenas moi moi valentes. Historia de dúas nenas que, nunha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas.
- Venres 17: A fada que non sabía ser fada. Adalina é unha fada á que non lle gusta cumprir as normas, que non ten ás e que non encaixa co resto das fadas. Musical.
- Venres 24: E ti, que queres ser de maior? No cole de Yoli estiveron falando de profesións. Yoli quere ser camioneira. Os compañeiros explicáronlle que iso é traballo de chicos. Pero a ella dalle igual…quere percorrer o mundo enteiro.