Un total de cinco nenos e nenas de Boqueixón, de entre 12 e 15 anos, participaron na Campaña da Neve 2023, organizada pola Diputación de A Coruña, e completaron a súa estadia na Estación de Esquí de Valgrande-Pajares dentro da quenda do 3-6 de febreiro, xunto con rapazada doutros concellos da contorna como Oroso, Santiago, O Pino, Vedra… O Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón tramitou esta iniciativa que intenta potenciar a práctica do esquí e na que tomaron parte máis de 600 mozos e mozas a nivel provincial.
O alcalde de Boqueixón puxo en valor “o éxito que vai tendo ano tras ano a Campaña da Neve, no que en cada edición nos conceden máis prazas, que teñen moita demanda. Boa proba delo é o sorteo que se realizou este ano para conceder as inscricións na mesma”.