O Concello de Boqueixón informa de que o DOG publica hoxe unha convocatoria de axudas directas da Xunta de Galicia para apoiar á mocidade na adquisición da súa vivenda habitual en municipios cunha poboación que non supere os 10.000 habitantes, como no caso de Boqueixón. Os incentivos previstos poden chegar ata un máximo de 10.800 euros por inmoble, sempre que esta contía non supere o 20% da compra.
As axudas poderanse solicitar a partir de mañá mércores e ata o vindeiro 31 de outubro, ou esgotamento dos 1,55 millóns de euros de crédito dispoñible. A convocatoria é en réxime non competitivo, polo que é moi importante ser dos primeiros en solicitala para poder acceder ás subvencións.
Requisitos
Este programa vai dirixido a persoas de entre 18 e 35 anos. Para poder beneficiarse destas axudas, os solicitantes terán que acreditar que as rendas anuais de todos os membros da unidade de convivencia son iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM (24.318,84 euros), aínda que o límite subirá ata 4 ou 5 veces o IPREM en caso de que concorran determinadas circunstancias fixadas na propia convocatoria.
Cun orzamento de 1,55 millóns de euros, estes incentivos á compra de vivenda poderán solicitarse sempre que o inmoble estea localizado nun municipio galego cunha poboación inferior a 10.000 habitantes. A maiores, o prezo de adquisición da vivenda (que terá que estar xa construída, con independencia de que sexa nova ou usada) non supere os 120.000 euros e que a operación de compravenda se realizara con posterioridade ao 15 de novembro de 2022.
Máis información no DOG do martes 7 de febreiro.
Adxuntos
- AxudasMocidadeVivenda (888 kB)