O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boqueixón informa de que a Secretaría Xeral da Igualdade, a través de Resolución do 30 de decembro de 2022, publicada no DOG do 27 de xaneiro do 2023, aproba as bases reguladoras para a concesión, no ano 2023, das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
TIPOS DE AXUDAS
- Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas que dependan economicamente, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego-axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas – indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes comezará ó día seguinte ao da publicación da resolución no DOG e rematará o día 30 de novembro de 2023.
INCOMPATIBILIDADES
As axudas reguladas nesta resolución serán incompatibles con calquera outra axuda establecida polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades ou por calquera entidade privada destinadas ao mesmo fin.
A axuda económica establecida no artigo 27 da LO 1/2004, do 28 de decembro é compatible coas axudas previstas na Lei 35/1995, do 11 de decembro, de axudas e asistencia ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual así como con calquera outra axuda económica de carácter autonómico ou local concedida por situación de violencia de xénero.
INFORMACIÓN
Máis información e tramitación de ditas solicitudes chamando ao CIM do Concello de Boqueixón, teléfono: 981 513 061, cim@boqueixon.com ou ben na Secretaría Xeral de Igualdade, teléfono 981 545 373, correo electrónico: vx.igualdade@xunta.gal.