O Concello de Boqueixón informa de que a unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” volverá visitar o municipio por segunda vez para prestar servizos gratuítos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos. A cita será os días 9, 10 e 13 de febreiro e o autobús estará emprazado a carón do campo de fútbol do Forte. Para participar só hai que solicitar cita previa chamando ao teléfono 622 748 283 ou a través do mail: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Este programa posto en marcha pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ofrece servizos de:
- Audioloxía: valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Podoloxía: consulta básica para valorar o estado do pé, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas..
- Prevención do Alzhéimer e outras demencias neuroxenerativas. Un profesional fará unha valoración cognitiva e dará pautas preventivas e de minoración do deterioro.
O programa “Coidados porta a porta” foi posto en marcha pola Consellería de Política Social para levar servizos asistenciais ás persoas do rural para a prevención da dependencia. Conta co financiamento da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.
Adxuntos
- Porta a Porta_Triptico 2Numeros (115 kB)