O Concello de Boqueixón, en colaboración co CDM Vértice e o Concello de Vedra, vai desenvolver a segunda edición da Escola Deportiva de Carreiras de Montaña para esta tempada 2023. Será o segundo ano de colaboración para impulsar unha modalidade deportiva que respecta o medio ambiente e promove actividades na natureza e as carreiras de montaña entre os máis cativos.
A esta situación únese tamén o interese do Concello de Boqueixón por fomentar os deportes ao aire libre na contorna do Pico Sacro, respectando o medio ambiente e aproveitando lugares públicos como sendeiros, montes e montañas para poñer en valor o noso municipio.
As sesións terán lugar todos os xoves pola tarde no Pavillón de Lestedo, en diferentes horarios en función da idade das persoas participantes. Unhas clases que serán impartidas por Verónica Calvo Dopazo, actual seleccionadora galega de carreiras de montaña.
As inscricións poden facerse na web do club (https://clubvertice.es/escola). Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón.