A Biblioteca Municipal de Boqueixón acollerá o próximo mércores 25 de xaneiro, a partir das 11:30 horas, a xornada “A Administración cerca de ti”, promovida polo Ministerio de Política Territorial en colaboración co Concello de Boqueixón. Unha xornada na que os veciños e veciñas que participen poderán obter o certificado dixital e Cl@ve permanente para empregar nas súas relacións electrónicas coas Administracións Públicas.
Durante a xornada, ademais de conseguir a súa sinatura dixital, informarase aos veciños e veciñas de Boqueixón dos trámites e prestacións que poden realizar de xeito electrónico, evitando desprazamentos innecesarios e o custe económico que supoñen.