O Concello de Boqueixón informa dunha oferta de Eurofirms que selecciona camareiro/a para empresa do sector da hostalería situada en Santiago de Compostela. Xornada parcial (mañá ou tarde) cos descansos establecidos pola lei.
Requisitos:
- Formación: Valorable Grao medio ou superior en rama hostalería.
- Buscan unha persoa dinámica, proactiva e con don de xentes.
- Valorable residencia próxima ó posto de traballo.
Funcións:
- Atención de comensais en mesa en eventos como vodas e banquetes.
- Montaxe de eventos.
- Tarefas de limpeza de enxoval e vaixela.
- Outras propias do posto.
As persoas interesadas terán que remitir o C.V a santiago@eurofirms.com ou inscribirse directamente na oferta picando neste enlace: https://jobs.eurofirms.com/é/é/santiago-de-compostela/axudante–a-de-camareiro-a-170-005113