O obxectivo do punto limpo móbil é facilitarlle á veciñanza de Boqueixón a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.
Por distintas parroquias do municipio situarase un vehículo que disporá dunha plataforma traseira móbil, con 8 compartimentos para a recollida de: papel e cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados, envases de plástico-latas e briks, lámpadas fluorescentes, envases de vidro, pilas e baterías e roupa e calzado, para o resto, xa hai colectores específicos nas parroquias e outros servizos, como o de recollida de mobles unha vez ao mes.
Residuos admisibles: | Residuos NON admisibles: |
· Aceite doméstico · Baterías e acumuladores de Ni-Cd · Produtos fotoquímicos (radiografías, CD, DVD…) · Cristal · Tubos fluorescentes · Envases metálicos e plásticos contaminados baleiros (pinturas, vernices…) · Tóner e cartuchos de tinta · Tecidos (roupa) · Pequenos utensilios do fogar (mobles pequenos de madeira) · Envases aerosois ·Equipos eléctricos e electrónicos que conteñen compoñentes perigosos (televisores, ordenadores, teléfonos móbiles etc.) · Pequeno aparello eléctrico e electrónico (microondas, lámpadas, batedoras etc.) | · Cascallos · Madeira · Pneumáticos · Poliespán · Restos de poda |
LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL
Acceder ás localizacións previstas do Punto limpio móbil:
CALENDARIO PUNTO LIMPO MÓBIL – CONCELLO DE BOQUEIXÓN | |||
DATA (de…a…) | PARROQUIA | LUGAR | |
07-nov | 20-nov | LESTEDO | Campo da Festa |
21-nov | 27-nov | A GRANXA | Campo da Festa |
28-nov | 11-dec | SERDUDE | Campo da Festa de San Bieito |
12-dec | 18-dec | LAMAS | Campo da Festa |
19-dec | 25-dec | VIGO | Campo da Festa |
26-dec | 01-xan | LOUREDA | Campo da Festa |
02-xan | 08-xan | GASTRAR | Campo da Festa |
09-xan | 15-xan | BOQUEIXON | Campo da Festa |
16-xan | 22-xan | CODESO-DONAS | Campo da Festa |
23-xan | 05-feb | OURAL-POUSADA-SUCIRA | Casa da Cultura |
06-feb | 12-feb | LEDESMA | Campo da Festa (Vila) |
Se precisa axuda para depositar cada residuo no colector correspondente, poderá contactar no 981513061 (Concello de Boqueixon).
Esta iniciativa do Concello de Boqueixón, está subvencionada pola Xunta de Galicia cun importe de 53.100 euros, cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.