O Departamento de Deportes fai pública a lista de persoas admitidas nas prazas que o Concello de Boqueixón dispón na Campaña da Neve de 2023, promovida pola Diputación de A Coruña, unha vez celebrado o sorteo público o pasado 19 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos . As persoas admitidas terán ata o día 27 de decembro, ás 14:00 horas, para entregar a documentación seguinte no Departamento de Deportes:
- Ficha de inscrición debidamente asinada ( neste caso xa sirve a presentada para participar no sorteo)
- Fotocopia tarxeta sanitaria.
- Fotocopìa do DNI ou no seu caso do Libro de Familia.
- Copia do aboamento da cuota de inscrición (unha vez sexa publicado o número de conta na web da Diputación).
- No caso de que o neno ou a nena participantes teñan algunha doenza ou tratamento que teñan ser tidas en conta deberá presentarse informe médico asinado polo seu facultativo/a. De igual xeito, no caso de alerxias, intolerancias alimentarias, etc…
Adxuntos
- CAMPAÑA NEVE2022-SORTEO.docx (101 kB)