Orde SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o Programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 190 do 10/08/2015). Novidades da nova Orde
Resolución do 21 de novembro de 2022, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 286 do 29/11/2022)
REQUISITOS DOS/AS USUARIOS/AS:
Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con 55 ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 9 de xaneiro de 2023.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2023.
b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2023.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de novembro de 2023.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Prioritariamente a presentación de novas solicitudes realizarase de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso (https://sede.imserso.gob.es). O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
– Descargar e cumplimentar a solicitude, e remitila por algún dos seguintes medios:
- Nos rexistros administrativos (incluído o do concello de Boqueixón)
- En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Termalismo do Imserso, apartado de correos 61.285 28080 Madrid.
As persoas interesadas en participar no programa que desexen tramitar a súa solicitude no departamento de servizos sociais do concello de Boqueixón deberán solicitar cita previa no teléfono: 981513106
BALNEARIOS PARTICIPANTES E INFORMACIÓN DE CONTACTO
- Balnearios participantes por Comunidade Autónoma 2023 e prezos
- Balnearios participantes
- Web IMSERSO
- Teléfonos: 912 667 713 / 917 033 694
Máis información: DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS CON CITA PREVIA (981 513 106).