O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) informa que, desde o martes 13 de decembro de 2022, ábrese novamente o prazo de presentación de solicitudes para participar, na tempada 2022-2023, no Programa de Turismo para persoas maiores.
Esta convocatoria extraordinaria é só para aqueles que non estean dados de alta con anterioridade. As persoas xa acreditadas ou dadas de alta no mes de xullo non teñen que presentar ninguna solicitude.
Requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
Lugar de presentación de solicitudes:
- De forma preferente, a través da sede electrónica do Imserso.
- Nos rexistros administrativos (incluído o do concello de Boqueixón)
- En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID.
As persoas interesadas en participar no programa que desexen tramitar a súa solicitude no departamento de servizos sociais do concello de Boqueixón deberán solicitar cita previa no teléfono: 981513106
Máis información
- Teléfono IMSERSO: 912 667 713
- Páxina web do IMSERSO: https://imserso.es/web/imserso
- No departamento de Servizos Socias do Concello de Boqueixón 981 513106.