A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este domingo 18 de decembro, a partir das 12:00 horas, unha nova sesión do programa “Escena Pequena”, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña. Nesta ocasión, a compañía Galeatro porá en escena “Wombo combo”, unha peza dirixida a un público familiar a partir de 5 anos.
“Wombo combo” conta a historia de Sara, unha rapaza que odia a súa vida real (case non ten amigas, non lle vai ben nos estudos, búrlanse do seu aspecto…) pero que ten “outra vida” nos videoxogos, onde xoga en liña con ducias de persoas e é a mellor. O problema xurde cando ambos mundos se mesturan.