O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta comezará a citar aos nenos e nenas de entre 5 e 59 meses que xa se vacinaron da gripe para a administración da segunda dose desta vacina. Así, enviaranse citacións por SMS indicando o día e a hora para acudir ao mesmo centro onde recibiron a primeira dose.
Aos nenos e nenas de Boqueixón, pertencente á área sanitaria de Santiago, se lles enviarán os SMS o martes 20 de decembro, para seren citados entre o venres 23 e o luns 26 de decembro, en horario de tarde, no mesmo centro onde recibiron a primeira dose.
Pola súa banda, a poboación pediátrica de Santiago (que se vacinou dentro do programa piloto) será citada a partir de mañá, 14 de decembro, para o sábado, 17 de decembro, pola tarde, ou para o domingo, 18 de decembro, en horario de mañá, no servizo de pediatría do Complexo Universitario de Santiago de Compostela.