O Concello de Boqueixón convoca unha nova edición do Nadal Activo, un programa lúdico-educativo que facilita a conciliación laboral e familiar nestas vacacións de Nadal. As actividades desenvolveranse nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto. O Concello oferta un máximo de 20 prazas.
- Datas: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro
- Horario: entrada, de 9:00 a 10:00 horas; e saída, de 13:30 a 14:00 horas.
- Dirixido a: alumnado do segundo ciclo de infantil e primaria do Concello de Boqueixón e alumnado matriculado/a nun centro educativo de Boqueixón.
- Prezo: 75 euros /programa completo e 10 euros/días soltos.
- Inscricións: do luns 5 ao xoves 15 de decembro, enviando o formulario de solicitude cumprimentado e demais documentación por unha das seguintes vías: Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente), ou presencial, no Rexistro Municipal. Existirá a posibilidade de inscrición por días soltos.
- Documentación a achegar xunto á ficha de inscrición:
1. Declaración da renda do 2021 ou xustificante de non ter que presentala.
2. Documento acreditativo de familia numerosa (de ser o caso). - Exencións: casos de emerxencia social, unidades familaires con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais.
- Bonificacións:
-
- Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM . 80%
- Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM. 70%
- Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM. 50%
- Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 6,5 veces o IPREM 35%
- Condición de familia numerosa xeral. 40%
- Condición de familia numerosa especial. 50%
-
Máis información no teléfono: 981 513 115 e nas bases publicadas en www.boqueixon.gal.
Adxuntos
- Inscricion Nadal Activo (110 kB)
- bases Nadal Activo 2022 (97 kB)