O Concello de Boqueixón informa de que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará o próximo venres 16 de decembro diante de Abanca en Lestedo, en horario de 15:45 a 21:00 horas. Nestes momentos, as reservas de sangue dos grupos A+, 0+ e 0- son as que están en niveis baixos.
Lembra que para doar só é preciso ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. Ademais, hai que acudir almorzado e, como mínimo, 2 horas despois do xantar. Se non se dispón da tarxeta de doador, só será preciso presentar o DNI ou documento similar.
Durante a doazón seguirase un protocolo que garante a seguridade tanto da persoa doadora coma do persoal sanitario. En caso de dúbidas, existe un teléfono gratuíto de información: 900 100 828.