O Departamento de Deportes de Boqueixón informa de que o Concello de Boqueixón conta con 5 prazas na Campaña da Neve 2023, que organiza a Deputación da Coruña. Será na 4ª quenda, a cal transcorrerá do 3 ao 6 de febreiro de 2023. Dirixido a nenos e nenas de 11 a 15 anos, o prazo límite para inscribirse no Concello é o 16 de decembro de 2022.
A estancia e manutención terá lugar en aloxamentos situados a pé de pista na estación Valgrande-Pajares (Asturias). Estes son os prazos/requisitos que deberá cumprir a rapazada de Boqueixón interesada en participar:
- Ata o 16 de decembro será o prazo para facer as inscricións dos nenos/as, presentando o folleto de inscrición debidamente cumprimentado no Rexistro do Concello ou na sede electrónica na web municipal.
- En caso de haber máis solicitudes ca prazas, entre o 19 e o 22 de decembro farase o sorteo das mesmas, Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de inverno. O sorteo público para adxudicar estas prazas tería lugar diante do secretario do Concello.
- As idades dos nenos/as de Boqueixón participantes serán de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2022)
- Aboarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación; para o que lles enviaremos o número de conta onde facer o ingreso unha vez feita a selección de participantes.
Para calquera dúbida ou aclaración: Departamento de Deportes (636 731 721 ou no mail deportes@boqueixon.com)
Adxuntos
- CAMPAÑANEVE23-TRIPTICOINSCRICION (686 kB)