O Concello de Boqueixón informa de que neste mes de decembro dá comezo un novo grupo de zumba en Lestedo, que terá lugar os martes e xoves en horario de 21:30 a 22:30 horas. Así mesmo, aquelas persoas dos diferentes grupos de zumba que perderan algunha sesión durante a semana teñen a posibilidade de recuperala os sábados pola mañá.
Finalmente, dende o Departamento de Deportes salientan o éxito de participación das actividades gratuítas (Circuit Training, GAP e Cross Funcional) tanto para persoas socias do ximnasio como para aquelas que toman parte das Escolas Deportivas para Persoas Adultas. Para máis información sobre como inscribirse nestas actividades ou no propio ximnasio: deportes@boqueixon.com ou no 636 731 721.