O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, dará lectura a un manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Un acto aberto á participación de toda a veciñanza que terá lugar mañá venres 25 de novembro, ás 12:00 horas, diante da casa do concello.
Ademais da lectura do manifesto institucional, todas as persoas que asistan recibirán un agasallo sorpresa, dentro do campaña “No camiño da igualdade, móllate contra a violencia de xénero”, promovida polos Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra a través do Centro de Información á Muller.