O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, organiza unha nova sesión dos Venres de Consumo Responde, que terá lugar este venres 18 de novembro, a partir das 12:30 horas, a través da aula virtual de consumo. Unha charla gratuíta e aberta a toda a cidadanía sobre a reparación dos aparellos de uso doméstico, na que persoal especializado resolverá as dúbidas que se lles plantexen e darán a coñecer os dereitos que temos como consumidores.
Recorda que participar é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que desexe acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».