Cheo total na Casa da Cultura de Camporrapado esta fin de semana para acoller a presentación do libro “Ocho señales. Cuestión de vida o muerte”, escrito pola compostelá Noelia Míguez, vítima da violencia machista, e a xornalista Patricia Calveiro. Un libro onde narra a súa historia e a agresión que sufriu o 20 de xuño de 2015 en Boqueixón cando o seu noivo a atacou brutalmente cando durmía, primeiro tentándoa esganar e despois asestándolle ata oito puñaladas cunhas tesoiras.
“Ocho señales” pretende ser un testemuño que serva de axuda a mulleres que se poidan atopar nunha situación similar á de Noelia. Á presentación asistiron o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; e o deputado autonómico Ovidio Rodeiro, entre outras autoridades.