A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá o sábado 12 de novembro a IV Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller, organizada polo Concello de Boqueixón, a través do Centro de Información á Muller, e co apoio do Ministerio de Igualdad y el Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Inscricións en: https://forms.gle/AMD6kx4H7VdSdnS56
O acto comezará ás 17:00 horas dan man do alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín. Acto seguido, Cristina Carbajales Nouriño, directora do CIM de Boqueixón, presentará a ponencia “Apoio ás mulleres en contextos de prostitución”, que será impartida por Lourdes Pazo e Tati Conde, profesionais do Programa Vagalume. Ambas as dúas falarán da violencia sexual e da atención integral a mulleres en contexto de prostitución e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual.
Ás 18:15 horas, Yolanda Neira Cristobo, psicóloga do CIM, presentará a charla “O xornalismo, aliado para a igualdade”, impartida por Eliana Martíns, veciña de Boqueixón e xornalista especializada en Igualdade, que falará do seu traballo e da perspectiva de xénero na comunicación. A xornada clausurarase ás 19:00 horas.
Paralelamente, a Casa da Cultura acollerá tamén a exposición “Historias de Vida”, con relatos de mulleres do rural de Boqueixón; un photocall pola igualdade e un stand literario co libro “Ocho señales. Cuestión de vida o muerte”, de Noelia Míguez e Patricia Calveiro. Unha publicación que será presentada este sábado 5 de novembro, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura de Camporrado.
Máis información: 981 513 061 ou cim@boqueixon.com.