Un cento de rapaces e rapazas do CPI Antonio Orza Couto asistiron ao espectáculo «#2Pilgrims», unha iniciativa de RedRum Teatro cunha unidade didáctica en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero. Así, os actores Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo puxeron en escena unha proposta dirixida a un público adolescente coa finalidade de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero.
Así, a igualdade, as novas masculinidades e o Camiño de Santiago foron os temas principais do proxecto «#2Pilgrims», espectáculo beneficiario do programa «O teu Xacobeo» e programado polo Concello de Boqueixón en colaboración co AGADIC e a Xunta de Galicia.