Co Samaín chamando ás portas, o Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, organiza unha charla sobre “Produtos seguros no Samaín”. Trátase dunha nova edición dos Venres de Consumo Responde, que terá lugar este venres 28 de outubro, ás 12:30 horas, de forma telemática. Tras unha pequena exposición sobre os dereitos dos consumidores e consumidoras, os expertos responderán a todas as dúbidas da veciñanza.
Lembra que a participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que queira acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».