O Concello de Boqueixón informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüistica vén de publicar hoxe no DOG as datas para a realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega dos niveis Celga 2, 3 e 4. Os exames terán lugar en Compostela e Ponferrada, se ben os centros e os horarios para as probas se poden consultar na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os exames terán lugar:
- CELGA 4: 19 de novembro para persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G. 20 de novembro para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.
- CELGA 3: 26 de novembro.
- CELGA 2: 27 de novembro.
Máis info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221025/AnuncioG0655-181022-0001_gl.html