Máis de sesenta persoas desfrutaron nas instalacións do Forte do espectáculo “Galicia ilusiona coa maxia”, de Pedro Bugarín. Unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón, en colaboración co programa Ler conta moito, para conmemorar o Día da Bibilioteca.
Pedro Bugarín fixo unha divertida e participativa actuación, na que a rapazada de Boqueixón foi tamén protagonista dun divertido e sorprendente espectáculo de maxia. Unha actuación incluida no Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona”, organizado polos magos Pedro Bugarín e Dani Polo co apoio da Xunta de Galicia e a Fundación “La Caixa”.