O auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado quedou pequeno na tarde de onte domingo para acoller ao público asistente á actuación de Malasombra Produccións, que puxeron en escena «DEP», unha divertida comedia de enredo.
A próxima cita co teatro será xa o vindeiro mes de novembro, co ciclo de teatro amador «BocaAberta», que dará comezo o domingo 6 de novembro, ás 17:30 horas, co Club de Maiores de Boqueixón, que volverá a representar a súa divertida obra «Este morto está moi vivo». A entrada será de balde, previa reserva no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón (981 513 115).