O Concello de Boqueixón informa de que o vindeiro 31 de outubro rematará definitivamente o prazo para que os veciños e veciñas que vexan afectada a recepción da televisión dixital terrestre (TDT) nas súas vivendas poidan solicitar actuacións de reparación gratuítas por parte da entidade Llega700. En caso de sufrir algunha incidencia, compre chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999 para solicitar a súa reparación de balde antes do 31/10/2022.
Como lembrarás, hai case seis meses que se iniciou o despliegue do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) en Boqueixón, que permite á veciñanza desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e unha maior extensión xeográfica. Porén, ese desplegue realizouse sobre as bandas de 700 e 800 MHz, polo que o sinal da TDT podería verse afectada por interferencias, xa que anteriormente se utilizaban esas bandas de frecuencia para o servizo de televisión.
En caso de que se produzan estes problemas, o Concello de Boqueixón informa de que hai que dirixirse á empresa Llega700 antes do 31 de outubro chamando ao número de atención gratuíto 900 833 999 ou a través da web www.llega700.es.
Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT. Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o acendido das estaciones, polo que Llega700 se encargará de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen coste algún.
Esa gratuidade exténdese durante 6 meses dende o inicio do despliegue. Se, nun futuro, se acendesen novas estacións base de telefonía móbil en Boqueixón, as incidencias que se produciran volverían a ser resoltas por esa empresa de forma gratuíta e durante un período de seis meses.