Un total de 177 veciños e veciñas de Boqueixón participarán este ano nas actividades deportivas para adultos no renovado ximnasio municipal do Forte. Ximnasio e pilates son as actividades máis demandadas, con 50 e 29 persoas inscritas, respectivamente. A ximnasia rítmica e o zumba contan con 19 alumnos/as, mentres que a ximnasia para maiores, a bailoterapia e o patinaxe contan con 16, 15 e 10 persoas usuarias.
Tamén haberá pilates en Ledesma, con 19 persoas inscritas. Porén, as actividades de zumba en Lestedo e Camporrapado non comezarán aínda, xa que non se reuníu un grupo mínimo de 10 participantes. Se estás interesado/a en participar, anótate no Departamento de Deportes (deportes@boqueixon.com).
Recollida dos códigos de acceso ao ximnasio
Finalmente, o Concello de Boqueixón informa a todas as persoas usuarias do renovado ximnasio municipal do Forte de que a partir do luns 10 de outubro poderán recoller o seu código de acceso personalizado. A recollida será de xeito presencial na propia instalacións deportiva, para así poder verificar o seu correcto funcionamento.