Xa está dispoñible online a información do boletín municipal Xanela do mes de outubro de 2022. Nel atoparás as últimas novas do Concello de Boqueixón como os 4,7 millóns de euros que se van investir na modernización do alumeado público con tecnoloxía LED e na creación de 17 km de sendas peonís, que se suman aos 1,5 millóns de euros que se van destinar á mellora de infraestruturas e servizos. Así mesmo, recordamos eventos como o Encontro dos Maiores ou o as actividades de verán, e adiantámosche novas propostas culturais, deportivas e de senderismo. Preme aquí.
Adxuntos
- XanelaOutubro2022 (941 kB)