O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, organiza mañá venres 30 de setembro unha nova xornada de «Venres de consumo responde». Unha iniciativa que terá lugar, de forma gratuíta e aberta a toda a veciñanza, a través da aula virtual de consumo, ás 12:30 horas. A temática será «A conta de pago básica», onde se responderá a todas as dúbidas en materia de consumo.
A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que queira acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres ás 12.30 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».