O vindeiro día mércores 5 de outubro é a data prevista polo Concello de Boqueixón para proceder á reapertura do ximnasio municipal do Forte. Unha instalación que estará totalmente renovada e presentará unha serie de melloras para os veciños e veciñas, como unha nova sala de multideporte enfocada ao adestramento funcional e dotada co material propio para a práctica deste tipo de actividades. Outra das novedades será un sistema de control de acceso para as persoas socias e usuarias da instalación.
Así mesmo, ese mesmo 5 de outubro darán tamén comezo as actividades das escolas deportivas do concello. Toda a información, tanto do ximnasio municipal como das actividades deportivas, está dispoñible nesta web.