O auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este domingo 2 de outubro, ás 17:30 horas, a posta en escena da comedia “Top manta” a cargo do grupo Fulano, Mengano e Citano. Unha actuación organizada polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Deputación da Coruña.
“Top manta” é unha divertida comedia que recompila unha serie de historias actuais nas que o humor se funde co teatro para crear un produto que fará que a veciñanza de Boqueixón non deixe de rir. Divertidas imaxes de transición van complementando as escenas dunha obra con sorpresas continuas para conseguir que público chore… coa risa.
Dirixida por Manuel Pombal, a obra será posta en escena polos actores Suso Pando, Marcos Alonso e o propio Manuel Pombal.