O Concello de Boqueixón lembra que a unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” xa está no municipio, onde prestará de xeito gratuíto unha serie de servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos os días 23, 26 e 27 de setembro. Para participar só hai que solicitar cita chamando ao teléfono 622 748 283 ou a través do mail: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
O programa posto en marcha pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ofrece servizos de:
- Audioloxía: valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Podoloxía: faise unha consulta básica para valorar o estado do pé, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas..
- Prevención do Alzhéimer e outras demencias neuroxenerativas. Un profesional fará unha valoración cognitiva e dará pautas preventivas e de minoración do deterioro.