O Concello de Boqueixón informa de que os recibos da contribución (IBI) e do lixo están a chegar nestes días por correo postal. Dado que hai direccións que non están actualizadas na Deputación da Coruña, entidade que remite os recibos, é posible que o servizo de Correos non poida repartir os devanditos recibos.
Todos aqueles veciños e veciñas que non reciban os recibos do lixo e do IBI, e que non teñan domiciliado o seu pago, poden optar por algunha destas opcións:
- Acudir á sede de Correos, entre as 8:30 e as 9:30 horas, para recoller os recibos para o seu posterior pago.
- Acudir ás oficinas do Concello e solicitar un duplicado para facer o pago e, ao mesmo tempo, cambiar a dirección postal na base de datos da Deputación da Coruña, para evitar así ter que facer este trámite no futuro.
O Concello de Boqueixón lembra que o prazo ordinario para o pago dos recibos da contribución e do lixo remata o día 15 de novembro de 2022.