O Concello de Boqueixón abrirá mañá venres 23 de setembro o prazo de inscrición nas súas Escolas Deportivas Municipais, cuxa actividade comezará o vindeiro mes de outubro. As persoas interesadas en participar deberán descargar e encher a ficha dispoñible na web municipal (www.boqueixon.gal), que presentarán no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica antes do 29 de setembro.
A oferta do Concello de Boqueixón inclúe as escolas deportivas infantís de patinaxe e ximnasia rítmica así como varias actividades para adultos como zumba (no Forte, Lestedo e Camporrapado), pilates (no Forte, Ledesma e Lestedo), bailoterapia (no Forte) e ximnasia de maiores (no Forte). As actividades terán lugar de luns a venres, agás festivos, entre outubro de 2022 e xuño de 2023.
Requírese un mínimo de 10 participantes para conformar grupo, con preferencia para as persoas empadroadas en Boqueixón. Nas actividades de adultos tamén poderán participar mozos e mozas de entre 16 e 18 anos, previa autorización familiar. O pago realizarase de forma trimestral mediante domiciliación bancaria.
As persoas que desexen ampliar información deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón (981 513 061) ou no enderezo electrónico deportes@boqueixon.gal.