A mocidade de Boqueixón continúa medrando en competencias lingüísticas. Once mozos e mozas de Boqueixón veñen de conseguir os certificados oficiais dos niveis B1 e B2 de Oxford, tras superar o correspondente exame de competencias en inglés que constaba de catro partes diferenciadas: comprensión lectora, comprensión auditiva, expresión oral e expresión escrita. Unhas probas que superaron con suficiencia.
Nun acto celebrado no salón de Plenos, a rapazada recibiu os diplomas acreditativos, a culminación de moitos anos de traballo xa que moitos destes mozos e mozas levan dende Primaria participando nos cursos de inglés que anualmente convoca o Concello.
As clases do curso 2022-2023 darán comezo o vindeiro mes de outubro e se estenderán ata xuño no CPI Antonio Orza Couto, divididos en grupos de acordo ao seu nivel de inglés. Un curso no que participarán máis de oitenta rapaces e rapazas de Boqueixón.