O Concello de Boqueixón organiza unha clase aberta do curso de Ioga e Benestar, que terá lugar este venres 16 de setembro, de 19:00 a 20:30 horas, en Ponte Ledesma. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse no Departamento de Cultura, ben chamando ao 981 51 31 15 ben no mail cultura@boqueixon.gal.
Esta sesión servirá de presentación do curso de Ioga e Benestar, que dará comezo en outubro e terá lugar todos os venres na Casa da Cultura de Camporrapado, tamén en horario de 19:00 a 20:30 horas. Un obradoiro que terá un custo de 25 euros/mes. Inscricións a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón antes do 23 de setembro.