O Concello de Boqueixón lembra que este venres 16 de setembro remata o prazo de solicitude das axudas para entidades sen ánimo de lucro no municipio para este ano 2022. Unhas subvencións para as que o Concello destina 16.000 euros, sendo 1.000 euros o importe máximo que poderá recibir cada entidade.
O obxectivo principal destas subvencións, que se outorgarán en réxime de concorrencia competitiva, é financiar programas ou proxectos de actividades e investimentos levados a cabo por entidades sen ánimo de lucro no municipio de Boqueixón. Apoiando ao tecido asociativo municipal, o Concello de Boqueixón busca tamén promover e dinamizar a participación dos veciños e veciñas.
A tramitación desta subvención é integramente telemática a través da sede electrónica do Concello (preme aquí), onde se detalla a documentación a presentar. Unha documentación que terá que vir asinada dixitalmente, polo que o/a presidente/a da asociación ten que posuír o certificado dixital de representante da entidade.