O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta vén de convocar as probas que permiten obter os certificados oficiais CELGA, que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega. A convocatoria, que podes consultar no Diario Oficial de Galicia, correspóndese cos niveis Celga máis soliticatos: 2, 3 e 4. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, comeza hoxe luns 12 de setembro e remata o día 30 deste mesmo mes.
A realización destas probas prevese para a segunda quincena de novembro e, de ser o caso, tamén para a primeira de decembro, tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada. As datas concretas das probas publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e mais no Portal da Lingua Galega.
As solicitudes e mais o xustificante de pagamento da taxa poden presentaranse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou de modo presencial. A taxa é de 16,92€ por cada un dos niveis en que a persoa interesada solicite inscribirse, salvo que estea exenta por acreditar unha discapacidade igual ao superior ao 33%.
Os certificados de lingua galega (Celga) poden obterse a través da superación destas probas que convoca periodicamente a Xunta ou ben a través da validación de estudos nos supostos recollidos na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.