O Concello de Boqueixón organiza este ano un obradoiro de ioga e benestar para manter a enerxía positiva despois do verán.
A actividade comezará en outubro e desenvolverase en horario de 19h a 20:30h tódolos venres na Casa da Cultura de Camporrapado. O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de setembro e a solicitude poderase efectuar de forma presencial ou a través da sede electrónica.
O obradoiro terá un custo de 25 euros mensuais.
Para máis información chamar ao 981 513 115
Adxuntos
- Ficha inscrición actividades adultos (179 kB)
- Ficha inscrición actividades adultos (179 kB)