O Concello de Boqueixón informa de que o prazo de inscrición para o Obradoiro de Memoria xa está aberto para todas aquelas persoas interesadas en exercitar esta calidade. A actividade terá unha duración de 8 meses: desde outubro de 2022 a xuño de 2023 e impartirase nas localidades de O Forte e Lestedo cun custo de 15 euros mensuais.
A clases en O Forte serán na biblioteca sita na Casa do Concello tódolos mércores en horario de 10:30 a 12:00. En Lestedo, o obradoiro desenvolverase os venres de 11:30 a 13:00 no local social.
Desde o Departamento de Cultura informan que se trata “dun proxecto grupal na que os participantes estimularán e reforzarán as súas funcións cognitivas (memoria, atención, percepción, linguaxe e imaxinación)”. O obxectivo principal é retrasar o deterioro cognitivo así como mellorar a autoestima e liberar o estrés.
Así, o Obradoiro de Memoria exercitará a mente dos e das asistentes a través de actividades e xogos traballando a memoria a longo e curto prazo, a memoria sensorial e a área da linguaxe.
Este proxecto está orientado para maiores de 55 anos e as inscricións deberán formalizarse antes do 23 de setembro xa que as prazas son limitadas. A inscricións poderán realizarse no rexistro municipal ou cubrindo o formulario correspondente na sede electrónica.
Para máis información consultar ao Departamento de Cultura no teléfono 981 513 115.
Adxuntos
- Ficha inscrición actividades adultos (179 kB)