O Concello de Boqueixón informa de que o prazo para o procedemento de inscrición nos servizos de conciliación Madrugadores e Tardes educativas e de lecer atópase aberto.
Ambos programas están dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria de entre 3 e 12 anos empadroado no Concello de Boqueixón ou ben matriculado nun centro educativo do Concello. As actividades desenvolveranse nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto.
O programa Madrugadores ofrece servizo de acollida, coidado e vixilancia antes do comezo das clases en horario de 7:30h a 9:00h; mentres que Tardes Educativas e de Lecer ofrece dous servizos en espazos diferenciados: acompañamento escolar para que o alumnado realice as tarefas escolares co apoio de monitorado especializado e “recreando”, unha actividade lúdico-cultural cun amplo programa de actividades, obradoiros e xogos en horario de 15:30 a 18:30.
A inscrición poderá ser telemática (a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón e incluindo a documentación na solicitude xeral) ou presencial, a través do rexistro. As persoas solicitantes deberán achegar: declaración da renda do 2021 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala, documento acreditativo de familia numerosa (de ser o caso) e documentación complementaria (no caso de que sexa requirida). Existe a posibilidade de inscribirse por frecuencia semanal ou días soltos. Podes descargar a documentación e consultar as bases do programa nesta mesma páxina.
O Concello poderá modificar ou suspender a prestación do servizo en función das circunstancias que acontezan derivadas da crise sanitaria motivada pola COVID-19.
Máis información sobre estes programas no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal
Adxuntos
- Ficha de madrugadores 2022-2023 (393 kB)
- Ficha tardes educativas e de lecer 2022-2023 (393 kB)
- BASES (501 kB)