A maxia chega a Boqueixón co «mago Paco» e o espectáculo Hocus Pocus este domingo, 4 de setembro ás 12:45 horas, no campo da feira de Lestedo. No caso de choiva, o espectáculo terá lugar no baixo do local social de Lestedo.
Cunha posta en escena chea de elementos visuais moi rechamantes, Hocus Pocus é unha proposta creativa e inesquecible que, fará participar aos máis pequenos que gozarán de risas, cores e moitas sorpresas.