O campo do río de Ponte Ledesma (Boqueixón) reuniu a 700 persoas o pasado venres nunha nova edición da Noite Velada que encheu de luz o río ao seu paso por esta localidade. Unha actividade totalmente consolidada que a veciñanza non quixo perder.
Nesta sexta edición a música correu a cargo dos grupos A Banda da Balbina, Raiola e Luz do Ilicinio.
Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, novamente quixo xuntar a tradición e a cultura baixo a imaxe dunha ponte histórica, que volveu alumearse coa luz das candeas e as teas, despois das restricións das últimas edicións.