O Concello de Boqueixón informa de que o Parador de Santiago de Compostela necesita cubrir varios postos de traballo:
- Limpador/a de instalación: Experiencia en tren de lavado, axuda e limpeza en cociña e zonas de traballo.
- Camareiros/as de Pisos: Limpeza na zona de habitacións (Valórase experiencia pero non é imprescindible).
- Camareiro/a de Eventos: Preparación da área de servizo. Controlar que todo o material estea en perfecto estado (louza, cristalería, manteis…). Subministrar o servizo en mesas, recoller os pratos, e bo manexo de bandexa. (Valórase experiencia)
Salario:
O Parador ten convenio laboral propio. O salario está por encima do convenio de hostalaría.
Selección:
Adecco está a facer a selección de persoal. As persoas interesadas terán que contactar por teléfono ou whatsapp no 679 352 362 ou no correo electrónico: monica.alonso@adecco.com