O campo do río de Ponte Ledesma acollerá o próximo venres 5 de agosto, ás 21:30 horas, a sexta edición da Noite Velada. Unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón e que pretende aunar a tradición e a cultura envoltas coa imaxe dunha ponte histórica, que volverá alumearse coa luz das candeas e as teas.
A Noite Velada estará amenizada polas actuacións de A Banda da Balbina, Raiola e Luz do Ilicinio. As persoas asistentes disporán de cadeiras no campo do río para poder desfrutar do concerto. A diferencia dos dous últimos anos, non será preciso reservar entrada previamente, senón que o acceso será libre e de balde. Organiza o Concello de Boqueixón, en colaboración coa Deputación da Coruña e Montaxes Eléctricos Fernández SL.