O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe inclúe unha convocatoria de axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que vai destinar 8,5 millóns de euros para que entidades sen ánimo de lucro poidan contratar a persoas en situación de desemprego. As previsións son chegar a unhas 150 organizacións que incorporen arredor de 505 persoas sen emprego. O prazo de solicitude abrirase mañá venres e estará aberto ata o 22 de agosto.
Para optar ás axudas, as entidades beneficiarias, deberán constar inscritas no correspondente rexistro como “iniciativa social” e garantir a contratación a tempo completo durante nove meses das persoas desempregadas. No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero a duración dos contratos poderá chegar ata os 12 meses.